Asesoramento xurídico en Santiago de Compostela

Asesoramento xurídico en Santiago de Compostela

Máis de 15 anos de experiencia na profesión

Unión Avogadas

Unión Avogadas

Despacho de avogacía en Santiago de Compostela

O noso gabinete nace no ano 2002 en Santiago de Compostela, froito da unión de tres avogadas especializadas en distintas áreas do Dereito:

  • Mar Rodríguez Giadás: especialista en Dereito Penal e Civil.
  • Lourdes Castelo Sesar: especialista en Dereito Laboral e Seguridade Social.

Durante todos estes anos, as profesionais que formamos Unión Avogadas acumulamos unha dilatada experiencia no exercicio da avogacía que nos converte nunha opción sólida á hora de elixir un avogado ante un problema xurídico de calquer índole.

Estamos á súa disposición

Asesoramento a empresas e particulares

Ofrecemos un trato personalizado e estudo individualizado de calquer problema xurídico que se nos expoña e a todo tipo de clientes, tanto empresas como particulares, ofrecendo todas as posibles solucións, unido a un estudo detallado dos custos de cada unha delas.

Para prestar un mellor servizo, ademais das profesionais que forman Unión Avogadas contamos con expertos colaboradores externos, para así alcanzar un asesoramento integral nas materias expostas (peritos, arquitectos, economistas...)

A nosa intervención profesional abarca un ámbito de acción de todo o territorio nacional. Ademais, en Unión Avogadas temos sempre en conta a comodidade e satisfacción dos nosos clientes.

Non o dubide, chámenos e achegarémoslle o mellor asesoramento.

Asesoramento a empresas e particulares

Atención a todas as ramas do dereito

Grazas á ampla experiencia das nosas profesionais e as súas correspondentes especializacións, en Unión Avogadas garantímoslle unha atención profesional ante calquer problema xurídico.

Asesoramento personalizado

Queremos mostrar o mellor dos servizos a cada un dos nosos clientes. Por iso, en Unión Avogadas realizamos unha análise personalizada de cada caso para abordalo con total profesionalidade.

Pídanos cita previa para unha primeira consulta

Tratamos calquer problema xurídico como divorcios, comunidade de propietarios, alcoholemias, herencias, despidos, delitos e faltas, dereito fiscal e tributario, urbanismo, accidentes laborais.

Consúltenos